Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16555

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2348/2012-PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2348/2012-PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 895/2008. Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrentes: María Teresa Rodríguez Silva, Bernardo González Suárez e Matilde Campos Rodríguez.

Graduada social: Rosa Ana Álvarez Bastero.

Recorridos: Fogasa, Pompas Fúnebres del Atlántico, S.A., Porfirio González, S.L. e David Alonso Fernández.

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2348/2012 desta sección, seguido por instancia de María Teresa Rodríguez Silva, Bernardo González Suárez e Matilde Campos Rodríguez contra a empresa Fogasa, Pompas Fúnebres del Atlántico, S.A., Porfirio González, S.L. e David Alonso Fernández, sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

Que con desestimación do recurso interposto por María Teresa Rodríguez Silva, Bernardo González Suárez e Matilde Campos Rodríguez, confirmamos o auto que con data do 2.3.2012 foi ditado na execución 55/2009 tramitada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, polo que se rexeitou o recurso de reposición interposto fronte ao auto do 12.1.2012 do mesmo órgano.

Rexeitouse o incidente suscitado e declarouse que non procede a ampliación da demanda fronte á empresa Royal Fish Company, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito, ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que en diante se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Porfirio González, S.L., con último domicilio coñecido no Porriño (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial