Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16553

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4602/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4602/2013.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 162/2013. Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Juan Ramón Carro Precedo.

Avogado: José Nogueira Esmorís.

Recorridos: Fogasa, Lista Granit, S.A. (antes Lista Arenas y Gravas, S.A.), Eurogranit, S.A., Control Art, S.L., Helat Invest, S.L., Construcciones Lista Kristensen, S.L., Granitos de La Coruña, S.A., Granitos y Mármoles El Port, S.L.

Avogados: (…) y María Luisa Tato Fouz para o resto.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4602/2013 desta sección, seguido por instancia de Juan Ramón Carro Precedo contra a empresa Fogasa, Lista Granit, S.A. (antes Lista Arenas y Gravas, S.A.), Eurogranit, S.A., Control Art, S.L., Heldt Invest, S.L., Construcciones Lista Kristensen, S.L., Granitos de La Coruña, S.A., Granitos y Mármoles El Port, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Ditaminamos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Nogueira Esmorís, en nome e representación de Juan Ramón Carro Precedo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de data vinte de setembro de dous mil trece, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña nos autos de despedimento seguidos co número 162/2013 por instancia de Juan Ramón Carro Precedo contra as empresas Lista Granit, S.A., Eurogranit, S.A., Granitos de La Coruña, S.A., Control Art, S.L., Heldt Invest, S.L., Construcciones Lista Christesen, S.L. e Granitos y Mármoles El Port, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos y Mármoles El Port, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na Grela-Arteixo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial