Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 105/2013, interposto por Manuel Lareu Navaza contra a Resolución do 25 de marzo de 2010 de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa do parque empresarial de Taboada (Lugo), esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A devandita resolución de remisión do expediente intentouse notificar persoalmente a Carmen Soengas Siena, con último domicilio coñecido en TN Industrial de Interiores, es.1, pt.1, parque empresarial de Taboada, 27550 Taboada, interesada no citado procedemento, sen que fose posible tal notificación.
Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas