Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de marzo de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-01250-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución que o xefe territorial ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmase de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Ourense, 20 de marzo de 2014

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01250-O-2013

5671-GGV

Garda Civil 3201 I12849B

Jumaj 2007, S.L.

B70099999

O Campo, 16

15685 Mesía, A Coruña

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

23.7.2013; 00.04; A-52; 203

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros