Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2014 Páx. 16579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a Benita Díaz Fernández no recurso contencioso-administrativo P.O. 105/2013, interposto contra a Resolución do 25 de marzo de 2010 de aprobación definitiva de proxecto de expropiación forzosa do parque empresarial de Taboada.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 105/2013, interposto por Manuel Lareu Navaza contra a Resolución do 25 de marzo de 2010 de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa do parque empresarial de Taboada (Lugo), esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A devandita resolución de remisión do expediente intentouse notificar persoalmente a Benita Díaz Fernández, con último domicilio coñecido en TN Industrial de Interiores, es.1, pt.1, parque empresarial de Taboada, 27550 Taboada, interesada no citado procedemento, sen que fose posible tal notificación.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas