Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (581/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 581/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Seijo Rendo contra a empresa Vázquez Carollo, S.L., Beatriz Borrajo Dios, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Jorge Borrajo Dios, Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Resolución:

Estimo a demanda formulada por Manuel Seijo Rendo fronte ás empresas Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L. e Churume, S.L., con condena das demandadas de forma conxunta e solidaria ao aboamento da cantidade de 4.176,78 euros cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores e coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia das obrigadas principais.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vázquez Carollo, S.L., Panadería Pablo, S.L., Churume, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

A secretaria xudicial