Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (161/2011).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 161/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Blanco Couselo contra a empresa Clínica Médica Compostela, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por José Blanco Couselo e absolvo a demandada de todos os pedimentos formulados de contrario.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Clínica Médica Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

A secretaria xudicial