Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (585/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 585/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Morales Piñeiro contra a empresa Saneamiento y Reparaciones Hoteleras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Resolución:

Estimo a demanda formulada por Ángel Morales Piñeiro fronte á empresa Saneamiento y Reparaciones Hoteleras, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 25.993,92 euros en concepto de salarios debidos cos xuros por demora do artigo 29.3 ET, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela non poderá interpoñerse recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Saneamiento y Reparaciones Hoteleras, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

A secretaria xudicial