Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 41/2013.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ao non podérselle notificar por correo certificado, a resolución ditada no expediente de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral). O seu enderezo, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Ciudad Muralla, S.L.

Domicilio: A Meda, 1, 27320 Quiroga (Lugo).

NIF: B27431105.

Nº expediente: 41/2013.

Contía: 1.250 euros.

Disposición infrinxida: artigo 14.1) da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da inspección de traballo e seguridade social, infracción tipificada como grave no artigo 50.2) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de infraccións e sancións na orde social.

Contra estas resolucións poderá interpor o interesado recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial perante o director xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser iniciado este en tempo e forma, deberá de aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 17 de marzo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo