Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a seguir se relaciona, ao non podérselle notificar por correo certificado, a resolución ditada no expediente de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral). O seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:
Empresa: Hierros J. Pombo, S.L.U.
Domicilio: praza de Carbayón, 3, 4º C, 33001 Oviedo (Asturias).
NIF: B74014341.
Nº expediente: 50/2010.
Contía: 8.196,00 euros.
Disposición infrinxida: artigo 11.1.c) e os puntos 11.a), b) e c) do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción (BOE do 25 de outubro).
Contra esta resolución poderá interpor a interesada recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial perante o director xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Advírteselle que, de non ser iniciado este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.
Lugo, 17 de marzo de 2014
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo