Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 14 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións devoltas polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos/as interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido das resolucións, contra as que se poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdición social, ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 14 de marzo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Jonathan Jiménez Silva.

DNI: 35486110P.

Número de expediente: 36/00547-I/12.

Notificación: resolución de denegación.

Nome e apelidos: José Luis Roldán Vila.

DNI: 36079653J.

Número de expediente: 36/00764-I/11.

Notificación: resolución de denegación.

Nome e apelidos: Enrique Fernando Gándara Martínez.

DNI: 36095830K.

Número de expediente: 36/00511-I/11.

Notificación: resolución de modificación de oficio con cobramento indebido de 328,38 euros, que se deducirá directamente sobre o importe da prestación social que ten recoñecida.