Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15074

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (491/2013 P).

Saria Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, Xulgado de Familia, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referidos nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza número 155.

Vigo, 11 de marzo de 2014.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), os presentes autos de procedemento sobre garda e custodia e alimentos respecto a fillo menor de idade tido en relación non matrimonial, seguidos co número 491/2013 por instancia de Ana Gabriela Fernández Acosta, representada pola procuradora Sra. Pérez Crespo, asistida da letrada Sra. Iglesias Domínguez, fronte a Arnaldo Jesús Adriazola Cuadros, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando parcialmente como estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Pérez Crespo, en nome e representación de Ana Gabriela Fernández Acosta, fronte a Arnaldo Jesús Adriazola Cuadros, decreto as seguintes medidas definitivas en relación co fillo menor dos litigantes:

1. Atribúeselle á nai a garda e custodia do fillo, ben que a titularidade da patria potestade será compartida por ambos os dous proxenitores.

2. Establécese a favor do pai o seguinte réxime de visitas: todas as fins de semana desde o venres ás 20 horas ata o sábado á mesma hora; deberá recollelo e devolvelo no domicilio materno. Así mesmo, poderá estar co seu fillo durante o mes que a nai determine, salvo outro acordo de ambos os dous proxenitores. Non se establecen máis visitas mentres non poña de manifesto o proxenitor interese para o efecto, sen prexuízo dos acordos a que chegue coa demandante.

3. O demandado deberá aboar, en concepto de alimentos para o seu fillo, a suma de 200 euros mensuais, que deberá ingresar, por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que designe a demandante. A dita cantidade será actualizable anualmente, cada mes de decembro, conforme as variacións que experimente o IPC.

Os gastos extraordinarios que orixine o menor serán sufragados por metade por cada un dos proxenitores e nos termos expostos na fundamentación xurídica da presente resolución.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Esta resolución, que se notificará ás partes, non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste e sirva de notificación a Arnaldo Jesús Adriazola Cuadros, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 17 de marzo de 2014

A secretaria xudicial