Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (541/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 541/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estrella Bergondo Noya contra a empresa Consultoría de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución con data do 11 de marzo de 2014, dirixida a Consultoría de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L., contra a cal non cabe interpor ningún recurso. Faise saber que no citado xulgado os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Consultoría de Anclajes y Sondeos Especiales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial