Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14812

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (86/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 86/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Julio Manuel Casanova Lameiro contra Julio Reguera Santos, Reguera Trans, S.L., Fogasa e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Julio Manuel Casanova Lameiro, representado polo letrado Sr. Vilariño Monterroso, contra a empresa Julio Reguera Santos, representada pola letrada Sra. Lage Díaz, e contra a empresa Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada, e con intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo condenar e condeno a ambas empresas demandadas a lle aboar solidariamente á parte demandante a cantidade de mil douscentos oitenta e cinco euros con dezaoito céntimos (1.285,18 euros) máis o 10% de xuros por mora; e a empresa Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L. a aboar á parte demandante a cantidade de setecentos setenta e un euros con once céntimos (771,11) máis o 10% de xuros por mora. Isto sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter o Fogasa nos casos legalmente previstos.

Que desestimando a demanda presentada por Julio Manuel Casanova Lameiro, representado polo letrado Sr. Vilariño Monterroso, contra a empresa Reguera Trans, S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada, debo absolver e absolvo a expresada empresa demandada das peticións contidas na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 12 de marzo de 2014

O secretario xudicial