Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1025/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 1025/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Belén Silva Parajó contra a empresa Confecciones A Baña, S.L. Unipersoal e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«1. Estimo a demanda sobre despedimento interposta por Belén Silva Parajó, representada e asistida pola letrada Sra. Romero Parajó, contra a entidade Confecciones A Baña, S.L. Unipersoal (declarada en concurso, da que é administradora concursal Josefa C. Rúa Gayo) e contra Fogasa, que non comparecen neste acto malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 33,35 euros diarios), ou ben, a elección do empresario, a extinción da relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 6.086,37 euros.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Confecciones A Baña, S.L. Unipersoal, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial