Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14801

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (475/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 475/2012 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 889/2011 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Santiago M. Méndez Moreira.

Avogado: Alberto Muñoz Rodríguez.

Recorridos: Fogasa, Electricidad Valcarce, S.A., Distelga S.L., Esteban Ojea Rodríguez, Enrique Alonso Fernández, Alberto Comesaña Otero, Daniel Costas Domínguez, David Fontan Luna, Javier Gallego Goberna, Juan Manuel Gómez Fernández, Javier López Martínez, Antonio E. Magariños de Acuña, Miguel A. Peso Táboas, Óscar Tizon Claro, David Tobio González, José Carlos Tomé Martínez, Julio Tomé Martínez, Pablo Villaverde Gondar, Manuel Hermelo Giráldez.

Avogados: (…), (…), (…), Alberto Muñoz Rodríguez para o resto.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 475/2012 desta sección, seguido por instancia de Santiago M. Méndez Moreira contra a empresa sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Que estimado o recurso de suplicación interposto por Santiago M. Méndez Moreira e outros contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo con data 25.11.2011, debemos revogar e revogamos parcialmente a dita resolución e con estimación da demanda inicial formulada por Santiago Manuel Méndez Moreira, debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 5.254,88 €, e condenamos solidariamente os demandados Electricidad Valcarse, S.L. e Distelga, S.A. ao seu recoñecemento e aboamento, e mantemos o resto dos pronunciamentos da sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Electricidad Valcarce, S.A., Distelga, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2013

A secretaria xudicial