Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14803

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5180/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5180/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 39/2011 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Compañía de Radiotelevisión de Galicia, Televisión de Galicia, S.A.

Avogada: Mª José Seoane Pesqueira.

Procuradora: Mª Dolores Villar Pispieiro.

Recorridos: David López Salgueiro.

Avogado: Matías Movilla García.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorrida: Productora Faro Lérez, S.L.

Avda. Santa María 10, 1º, Pontevedra.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5180/2011 desta sección sobre outros dereitos laborais se ditou a seguinte resolución:

Decisión. Que desestimando o recurso de suplicación interposto polas demandadas Televisión de Galicia, S.A. e Compañía de Radiotelevisión de Galicia, S.A. contra a sentenza de data do 31 de agosto de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, nos presentes autos 39/2011 tramitados por instancia do demandante David López Salgueiro fronte ás referidas recorrentes, así como fronte á tamén demandada Productora Faro Lérez, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 500 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante. E déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á Productora Faro Lérez, S.L., con último domicilio coñecido na avda. Santa María, 10, 1º, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial