Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14805

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (799/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 799/2012 desta sección, seguido por instancia de Diego Krivonosoff Segurado contra a empresa Fogasa, Áridos Ecológicos, S.L.U., Cortes Derribos y Excavaciones, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Diego Krivonosoff Segurado contra a sentenza de data 2 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra en autos número 672/2010, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos de publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Áridos Ecológicos, S.L.U. e a Cortes Derribos y Excavaciones, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial