Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14807

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4002/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4002/2011 desta sección, seguido por instancia de Clara María Groba Porto contra Fogasa, Winterra, S.A., empresas Mon Seijas, S.L., empresas González Viéitez, S.L., Winterra Motor, S.L., Compacta Grupo Inmobiliario, S.A., Winterra Estructuras, S.L., Óscar Mon Seijas, Alberto González Viéitez, Comercial de Vehículos Unimotor, S.L., Compacta Inmobiliaria del Noroeste, Admón. concursal de Winterra, Sres. Feáns García e De Dios Teijeira, Winterra do Brasil, Winterra Polska SP Zoo, Compacta Polska SP Zoo, Marena Estilo, S.L., Winterra Inmobiliaria Canaria, S.L., Import Export Unimotor, S.L., Winbras Incorporaçoes LTDA, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Clara María Groba Porto contra a sentenza do 9 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en proceso sobre salarios promovido pola recorrente fronte á empresa Winterra, S.A. e outras, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Winterra do Brasil, Winterra Polska SP Zoo, Compacta Polska SP Zoo, Marena Estilo, S.L., Winterra Inmobiliaria Canaria, S.L., Import Export Unimotor, S.L., Winbras Incorporaçoes LTDA, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial