Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (803/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 803/2010, por instancia de María Luz Caamaño Caamaño contra Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Concello da Coruña, Samyl, S.L., Ingesan, S.L., Grupo OML, as empresas Limpergal, S.L., Lisescon e Amansur, S.L., Eurodiba Inhouse, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 27.2.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por María Luz Caamaño Caamaño e Esperanza Rivas Dobén fronte a Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L., Concello da Coruña, Samyl, S.L., Ingesan, S.L., Grupo OHL Limpergal, S.L., Lisescon e Amansur, S.L., Eurodiba Inhouse, S.L. e, en consecuencia:

Absólvese o Concello da Coruña e as empresas Grupo OHL Limpergal, S.L., Lisescon e Amansur, S.L., Eurodiba Inhouse, S.L.

Condénanse solidariamente as empresas Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L., Samyl, S.L. e Ingesan, S.L. a aboar ás demandantes as seguintes cantidades:

• A María Luz Caamaño Caamaño a cantidade de 4.353,68 euros.

• A Esperanza Rivas Dobén a cantidade de 4.353,68 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L., Limpergal, S.L., Lisescon e Amansur, S.L. e Eurodiba Inhouse, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial