Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (473/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 473/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Susana Rodeiro Francisco contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Decido.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento interposta por Susana Rodeiro Francisco, asistida pola letrado Sr. Castro Freire, contra a entidade Limpiezas El Polígono, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por cesamento na actividade da empresa segundo manifestación da demandante e declaración de demandado (confeso).

2. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 15.372,15 euros.

3. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en legal forma á entidade Limpiezas El Polígono, S.L, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial