Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (31/2014).

Nº de autos: execución de títulos xudiciais 31/2014.

Demandante: Santiago Castiñeiras Cendal.

Avogada: Marisol Romero Salgado.

Demandada: Excavacións Migasa, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 31/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Castiñeiras Cendal contra a empresa Excavacións Migasa, S.L. sobre despedimento, foron ditados auto e decreto na data do 11 de abril de 2014, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Santiago Castiñeiras Cendal, contra Excavacións Migasa, S.L., parte executada, polo importe de 19.405,4 euros en concepto de principal, máis outros 1.940,54 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais, de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta no Banco Santander, conta nº 00493569920005001274, indicando no campo de concepto “Recurso”, seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: acumular a presente execución número 31/14 á seguida nesta oficina xudicial co número 264/13.

Lévese testemuño do presente auto á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acordo e asino.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Escavacións Migasa, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

A secretaria xudicial