Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1521/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1521/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Begoña Valiñas Viqueira contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., Carme Hombre Porto, José Nieto Puente, María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que considerando integramente a demanda interposta por María Begoña Valiñas Viqueira, contra Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., Carme Hombre Porto, José Nieto Puente e María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., debo condenar e condeno os demandados a aboaren solidariamente á demandante a suma de tres mil seiscentos vinte e sete euros con trinta e catro céntimos (3.627,34 €) en concepto de salarios, máis os xuros de demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselle saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., Carme Hombre Porto, José Nieto Puente, e María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial