Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1017/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1017/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Villares Dopico contra a empresa Grupo Sequor Seguridad, S.A.U., Vigilancia Integrada, S.A., Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza: 97/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1017/2013.

Demandante: Álvaro Villares Dopico.

Letrado: Sr. López Vázquez.

Demandados:

Grupo Sequor Seguridad, S.A.U.

Letrado:

Vigilancia Integrada, S.A.

Letrado: Sr. Giráldez Táboas.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza 97/2014.

A Coruña, 10 de marzo de 2014.

Resolvo:

Desestimar a demanda sobre despedimento formulada por Álvaro Villares Dopico contra a empresa Vigilancia Integrada, S.A. e contra a empresa Grupo Sequor Seguridad, S.A.U. e, en consecuencia, absolvo as dúas anteriores de todos os pedimentos formulados contra elas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de Reforzo de Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Grupo Sequor Seguridad, S.A.U., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial