Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (821/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago sabe que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 821/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio García Palla contra a empresa Gestona Llorente y Checa, S.L., Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza: 126/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 821/2013.

Demandante: Antonio García Palla.

Letrada: Sra. Muiño Pose.

Demandada: Gestona Llorente e Checa, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 126/2014.

A Coruña, 10 de marzo de 2014.

Resolvo:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Antonio García Palla contra Gestona Llorente y Checa, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a readmitir inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á escolla dela mesma, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise até a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e se a empresa optar por ela, a cantidade de 4.750,11 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e até a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 47,86 euros/día.

3º. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Gestona Llorente y Checa, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial