Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14568

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (706/2013).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, anuncia que neste procedemento de xuízo verbal desafiuzamento 706/2013, seguido por instancia de José Luis Amigo Dobaño fronte a Serafín Vázquez Cabrera, se ditou sentenza que é como segue:

«Sentenza

Vigo, 21 de febreiro de 2014.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal 706/2013 promovidos por José Luis Amigo Dobaño, no seu propio nome e en beneficio e interese propio e das súas irmás Mª del Carmen e Josefina Lucy Amigo Dobaño, como copropietarios do inmoble de autos, asistido pola procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo, e asistido pola letrada Mª Ramos Pérez Crespo, contra Serafín Vázquez Cabrera, en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por José Luis Amigo Dobaño, no seu propio nome e en beneficio e interese propio e das súas irmás Mª del Carmen e Josefina Lucy Amigo Dobaño, como copropietarios do inmoble de autos, asistido pola procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo, contra Serafín Vázquez Cabrera, en rebeldía procesual e, en consecuencia, declaro que procede o desafiuzamento do predio sito no baixo do nº 54 da rúa Asturias de Vigo, e condeno o demandado Serafín Vázquez Cabrera a o desaloxar, e deixalo libre e expedito e ao dispor dos propietarios, baixo apercibimento de lanzamento se non o fai no prazo legal, todo isto con expresa imposición de custas ao demandado.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpor, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra».

E encontrándose o dito demandado, Serafín Vázquez Cabrera, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 4 de marzo de 2014

A secretaria xudicial