De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.
Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014
Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
DX-00024-I-2014 3518-DBP Axente de inspección DX/016 |
Lorenzo Agtrans, S.L. B15936891 Urb. As Galanas, 14, 15886 Teo (A Coruña) |
O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 31 %. 13.2.2014; 10.31.37; SC-20; 2 |
Art. 140.23 LOTT |
Art. 143.1.h) LOTT |
3.200 |