Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 11 de marzo de 2014, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00268-O-2014 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 11 de marzo de 2014

José Jorge Martínez Fernández
Instrutor

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00268-O-2014

1337-DWX

Garda Civil

3601 K82210V

Proyectos Umia, S.L.

B36488567

R/ Doctor García Bayón, 5, baixo, 36650 Caldas de Reis (Pontevedra)

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

28.11.2013; 18.23; VG-43; 4

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

601 euros

PO-02243-O-2013

0881-FZD

Garda Civil

3603 A23980M

Renovados de las Cinco Jotas de Gal

Avda. Aeropuerto, 441, 36317 Vigo (Pontevedra)

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.4.2013; 12.07; AP-9; 156

Art. 140.1 LOTT

art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03594-O-2013

0726-FXL

Garda Civil

3604 P03095B

Juan Manuel López Rivas

76576543K

Avda. da Veiga, 9, baixo, pta. D, 27888 Cervo (Lugo)

Diminución do descanso semanal normal en máis de 3 horas. Igual ou superior a 36 horas e inferior a 42 horas.

20.9.2013; 17.54; N-550; 130,500

Art. 141.24.5 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-03606-O-2013

0726-FXL

Garda Civil

3604 P03095B

Juan Manuel López Rivas

76576543K

Avda. da Veiga 9, baixo, pta. D, 27888 Cervo (Lugo)

Exceso superior a unha hora nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 11 horas ata 12 horas.

20.9.2013; 17.58; N-550; 130,500

Art. 141.24.2 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

art. 143.4.b) LOTT

401 euros

PO-03914-O-2013

9730-LM

Garda Civil

3603 T20654Z

Ilie Ionut Viorel

Y1376018B

Camiño Brea Muiñeira, 10, 1º D, 36206 Vigo (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

16.10.2013; 11.15; A-55; 7,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros