Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (45/2014).

Demandante: Cristian Rodríguez Gundín.

Avogado: Xavier Castro Martínez.

Demandados: Ajp Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 45/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Rodríguez Gundín contra a empresa AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, sobre despedimento, se ditou auto, con data do 12 de marzo de 2014 cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Cristian Rodríguez Gundín fronte a Ajp Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, parte executada.

Notifíquese ás partes e ás executadas por medio de edictos que se publicarán no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin terán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo  239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a o/a secretario/a xudicial».

Advírtese aos destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ajp Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial