Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1499/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1499/2010 deste xulgado do social, seguido a instancia de Patricia Fernández Fernández contra a Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Patricia Fernández Fernández contra Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir os salarios reclamados na demanda fixados para a categoría profesional de mestra e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia a estar e pasar pola devandita declaración e a aboar á demandante a suma de mil seiscentos oitenta euros con dezaseis céntimos (1.680,16 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros de demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa observarase disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación Instituto de Desarrollo Comunitario de Galicia, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial