Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (102/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber:

Que no procedemento 102/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Ángel Rodríguez López contra Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Que considerando a demanda presentada por José Ángel Rodríguez López, representado polo letrado Sr. Rivera Rodríguez, contra a empresa Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo condenar e condeno a referida empresa demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de sete mil setecentos cincuenta euros (7.750), máis o 10 % por mora. Iso con imposición de custas á empresa demandada (incluídos os honorarios do letrado da parte contraria interviniente, ata o límite de 600 euros) e sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzar ao Fogasa nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Medicampo Productos de Veterinaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 10 de marzo de 2014

O secretario xudicial