Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1519/2010).

Número de autos: procedemento ordinario 1519/2010.

Demandante: José Manuel Somoza Fungueiriño.

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas.

Demandados: Exfoga, S.L., Brauron, S.L., Fogasa.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1519/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Somoza Fungueiriño contra a empresa Exfoga, S.L., Brauron, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Somoza Fungueiriño contra Exfoga, S.L. e Brauron, S.L., debo declarar e declaro que as mercantís demandadas lle deben ao demandante a suma de seis mil trescentos oitenta e tres euros con noventa e catro céntimos (6.383,94 €) e, en consecuencia, debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen solidariamente ao demandante a suma de seis mil trescentos oitenta e tres euros con noventa e catro céntimos (6.383,94 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa debe observarse o sinalado no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Exfoga, S.L. e Brauron, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2014

A secretaria xudicial