Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1216/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber qe no procedemento ordinario 1216 /2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lidia Valeiras Pérez contra a empresa Clece, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Servizo Galego de Saúde (Sergas), Maconsi, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza nº 104, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014.

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos nº 1216/2011, promovidos ante este xulgado sobre cesión ilegal, por instancia de Lidia Valeiras Pérez, asistida polo letrado Eugenio Moure González, contra Clece, S.A., representada pola letrada Mónica Valiño Suárez, Servizo Galego de Saúde (Sergas), asistido polo letrado do Sergas Carlos Fernández Pérez, Maconsi, S.L., que non comparece a pesar de constar legalmente citada por edictos, Ricardo José Orbán Moreno (administrador concursal), que non comparece a pesar de constar legalmente citado, Manuel Elías Pérez Álvarez (administrador concursal), que non comparece a pesar constar legalmente citado, Manuela Seguín Nieto (administrador concursal), que non comparece a pesar de constar legalmente citado e o Fogasa, que non comparece a pesar de estar debidamente citado, pronunciou a seguinte sentenza:

(…)

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda presentada por Lidia Valeiras Pérez contra Clece, S.A., Sergas, Maconsi, S.L., Ricardo José Orbán Moreno, Manuel Elías Pérez Álvarez e Manuela Seguín Nieto e absolvo as demandadas de todos os pedimentos efectuados en contra delas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Maconsi, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

A secretaria xudicial