Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (ETX 49/2014).

Nº de autos: execución de títulos xudiciais 49/2014.

Demandante: José Antonio González Aguiar.

Avogado: Emilio Sánchez Vieites.

Demandada: Restaurante Marisquería Sexto, S.L.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 49/2014.

Empresa que se cita: Restaurante Marisquería Sexto, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición de executada, concorrendo a tales actos coas probas de que se tente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, responder as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: sinálase o día 7 de abril de 2014 ás 9.00 horas na sala de audiencia deste xulgado, sita na planta baixa, sala número 3 do edificio dos xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, para a realización da comparecencia acordada.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia da executada, debidamente citada, non impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 LXS), e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder en tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) e fáiselle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

O/a secretario/a xudicial