Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1197/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1197/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Ficonsys, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame di literalmente:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra Ficonsys, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 25,49 euros, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (art. 191.2.g) e disposición transitoria segunda LRXS).

E para que sirva de notificación en legal forma a Ficonsys, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2014

A secretaria xudicial