Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14118

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (ETX 257/2013).

Nº autos: execución de títulos xudiciais 257/2013.

Demandante: Susana Taboada Pol.

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras.

Demandado: Moure Pan, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 257/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Taboada Pol, contra a empresa Moure Pan, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no 7 de marzo de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Moure Pan, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 44.112,46 euros de principal (29.671,42 € indemnización máis 14.441,04 € salarios de tramitación), máis 4.411,24 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de as anotar no libro correspondente e sen prexuízo de continuar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribir a insolvencia no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela.

d) Levar o orixinal ao libro decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partese fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguranza social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0257 13. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta “5076 0000 64 0257 13”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación a Moure Pan, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

A secretaria xudicial