Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13314

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (746/2012).

Elba García Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil de Ourense, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Phoskitos, S.A. e Nutrexpa, S.L. fronte a Juan Ramón Freiría Gallego e a Fernando Freiría Gallego ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Ourense, 25 de xuño de 2013

Neil González Seoane, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, despois de ver os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 746/2012 instados pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes, en nome e representación de Phoskitos, S.A. e Nutrexpa, S.L., asistida polo letrado Sr. del Cerro León, contra Juan Ramón Freiría Gallego e Fernando Freiría Gallego, que non comparecen malia estar legalmente citado, sendo declarados en situación procesual de rebeldía, sobre acción de responsabilidade de administradores.

Decisión

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Ortiz Fuentes, en nome e representación de Phoskitos, S.A. e Nutrexpa, S.L., debo condenar e condeno a Juan Ramón Freiría Gallego e Fernando Freiría Gallego a que en forma solidaria indemnicen as demandantes na cantidade de 16.987,56 € (12.603,66 € Phoskitos, S.A. e 4.383,90 € a Nutrexpa, S.L.), máis os xuros legais de conformidade co establecido no fundamento de dereito sexto, con imposición das custas.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, que se deberá interpor no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado, conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, quedando testemuño desta nestes autos.

Así o acordo, mando e asino.

Neil González Seoane, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil de Ourense.»

E encontrándose os ditos demandados, Juan Ramón Freiría Gallego e Fernando Freiría Gallego, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Ourense, 26 de novembro de 2013

A secretaria xudicial