Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13313

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (470/2012).

Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente anuncio:

No procedemento xuízo ordinario 470/2012, seguido por instancia de María Jesús Rico Martín e Gonzalo Galán Aguiar, fronte a Isaura Castro Veira, Adolfo Martínez Martínez e Luis José Ramón García-Boente Alonso, ditouse sentenza o 18 de novembro de 2013, contra a que cabe recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da indicada sentenza no Diario Oficial de Galicia, que está á disposición dos demandados na secretaría deste xulgado.

E encontrándose os devanditos demandados, Isaura Castro Veira, Adolfo Martínez Martínez e Luis José Ramón García-Boente Alonso, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

A Coruña, 26 de decembro de 2013

A secretaria xudicial