Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 28 de marzo de 2014 Páx. 13311

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (276/2012).

No presente procedemento ordinario, seguido por instancia de Dalonga, S.A. fronte a María Carmen Lorenzo Barreiro, Manuel Falcón Oubiña e María Lara Falcón Abalo, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra.

Sentenza 120/2013.

Asunto: xuízo ordinario 276/2012.

Sentenza.

En Pontevedra o 3 de xullo de 2013.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Dalonga, S.A. Procurador: Pedro A. López López. Avogado: Pablo Sande Llovo.

Demandados:

– María del Carmen Lorenzo Barreiro. Procuradora: Susana Tomás Abal. Avogado: Joaquín Buceta Hazas.

– Manuel Falcón Oubiña (rebelde procesual).

– María Lara Falcón Abalo (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administradores sociedade limitada).

Decido que, desestimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Dalonga, S.A. fronte a María del Carmen Lorenzo Barreiro, Manuel Falcón Oubiña e María Lara Falcón Abalo, debo absolver como absolvo todos os demandados das pretensións contra eles formuladas.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandante.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interpoñerá directamente neste xulgado o prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública coa miña asistencia, o secretario, do que dou fe.

E encontrándose os devanditos demandados, Manuel Falcón Oubiña e Mª Lara Falcón Abalo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2014

O/a secretario/a xudicial