Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 4 de marzo de 2014 pola que se notifican as resolucións de recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas das delegacións desta axencia, en materia de expropiación forzosa, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas as notificacións, non se puideron practicar (expedientes E/6/09 e E/137/10).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, de conformidade co disposto no Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas (DOG número 163, do 26 de agosto), no artigo 14 dos ditos estatutos, e no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ditou resolucións dos recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican no anexo, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia, nas provincias que tamén se sinalan.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse os interesados que se indican no anexo para seren notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia, que poderán realizar as persoas interesadas, deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa desta Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que contra esta resolución que é definitiva na vía administrativa, pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente/recurso: E/6/09. A Coruña. Recorrente: Guillermo Rodríguez Enjamio.

Último enderezo coñecido: Empalme, 26, Curtis (A Coruña).

Sentido da resolución: desestimatoria.

Estrata/obra, predio: proxecto de variante de trazado e acondicionamento da C-540 de Betanzos a Lalín, treito Oza dos Ríos-Curtis (Act. AC-840). Predio 5 de Vilasantar.

Expediente/recurso: E/137/10. Pontevedra. Recorrente: Luisa Rey Pérez.

Último enderezo coñecido: A Bouza, 32, Castrelo, Cambados (Pontevedra).

Sentido da resolución: desestimatoria.

Estrada/obra, predio: mellora da seguridade viaria na PO-550 Cambados (VRG-4.3)-A Lanzada (VRG-4.1). Predio 206 de Cambados.