Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a redacción do proxecto de construción da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1., subtramo III: punto quilométrico 7+300 ao 11+500 (clave PO/12/070.01.3. AT/025/2013).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: PO/12/070.01.3. AT/025/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19318

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizo para a redacción do proxecto de construción da obra de conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtramo III: p.q. 7+300 ao 11+500.

c) CPV: 71311210-6.

d) Medios e datas de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 30 de xullo, BOE do 3 de agosto e DOG do 7 de agosto de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 219.495,19 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 219.495,19 €. Importe total: 265.589,18 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de decembro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 5 de marzo de 2014.

c) Adxudicataria: Applus Norcontrol, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 176.693,63 €. Importe total: 213.799,29 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas