Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 4 de marzo de 2014, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores 136/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), comunícanse ás persoas que se citan a continuación as notificacións de apertura de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 136/13.

Denunciada: Sodagard, S.L.

Enderezo: r/ Juan Bautista Andrade, 84, ático, 36005 Pontevedra.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 4 de marzo de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra