Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 5 de marzo de 2014 pola que se notifica trámite de audiencia en relación coa tramitación de recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas das delegacións desta axencia, en materia de expropiación forzosa, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas as notificacións, non se puideron practicar (expedientes E/20/11 e E/21/11).

As unidades dependentes desta Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican no anexo, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Intentada a notificación persoal do trámite de audiencia ás persoas interesadas nos casos que se indican no anexo, non se puido practicar, de maneira que segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse para seren notificadas do trámite devandito.

Poden examinar o expediente mediante comparecencia que deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativo desta Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da axencia na provincia correspondente.

Unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, tendo en conta que disporá dun prazo de quince días para formular, se é o caso alegacións, continuarase coa trami-tación do recurso como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente/recurso: E/20/11. Recorrente: Manuel Salgueiro Abad.

Persoa interesada: Celia Sánchez Candamil.

Último enderezo coñecido: Xuances, Xove.

Materia do recurso: cambio de titularidade

Estrada/obra, predio: VAC Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao, predio 59 de Xove.

Provincia: Lugo.

Expediente/recurso: E/21/11. Recorrente: Manuel Salgueiro Abad.

Persoa interesada: Ramón Álvarez Abad.

Último enderezo coñecido: Area, 95, Faro, Viveiro.

Materia do recurso: cambio de titularidade.

Estrada/obra, predio: VAC Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao, predio 60 de Xove.

Provincia: Lugo.