Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12608

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (786/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 786/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Duarte Santos contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Securitas Seguridad España, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a Sentenza nº 77 cuxo encabezamento e ditame é do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 17 de febreiro de 2013.

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 786/2012, promovidos ante este xulgado sobre despedimento, por instancia de Fernando Duarte Bouzas, asistido pola letrada Ángeles Cancela Regueiro, contra Esabe Vigilancia, S.A., que non comparece malia constar legalmente citada por edictos, Securitas Seguridad España, S.A., asistida polo letrado Eduardo Amado Rodríguez, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza,

(…)

Decido que estimo parcialmente a demanda presentada polo demandante Fernando Duarte Bouzas, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a empresa Esabe Seguridad, S.A. a readmitir inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación a razón de 30,82 €/día desde a data de despedimento ata a data de notificación da presente resolución, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización de 169,50 euros.

A devandita opción deberase realizar no prazo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Absolvo a demandada Securitas Seguridad España, S.A. en relación coas peticións realizadas na súa contra.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido o presente.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

A secretaria xudicial