Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (287/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 287/2013, por instancia de Ana Mª Romero Candamo contra a executada Patricia Pérez Lijo, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 4 de marzo de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial por importe de 1.324,06 euros de principal, máis 132,42 euros que, provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

A secretaria xudicial