Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gallega de Gobernantas/es de hotel y otras entidades públicas o privadas (A.GA.CO.).

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que nesta dirección xeral se recibiu certificación da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Gallega de Gobernantas/es de hotel y otras entidades públicas o privadas (A.GA.CO.), do 19 de decembro de 2013, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 43 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social