Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Inde Profesional, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Inde Profesional, S. Coop. Galega, pola modificación do artigo 4 relativo ao obxecto social e actividade económica, no Rexistro Provincial de Cooperativas.

Lugo, 24 de febreiro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo