Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 7 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador á empresa Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L. (IN635C 2013/70-4).

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícase a Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L. a proposta de resolución do expediente sancionador do 25 de febreiro de 2014.

Comunícaselle que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos coide convenientes (BOE 9.8.1993).

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 7 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra