Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia (APTAX).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Profesional de Traballadores Arquiveiros da Xunta de Galicia, do 16 de novembro de 2013, en que se recolle, entre outros acordos, a modificación do artigo 17 dos estatutos, e o cambio de domicilio social, que pasa a ser en Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social