Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición número RA/CON/2014/00018, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado a resolución do recurso de reposición número RA/CON/2014/00018, formulado contra a resolución do secretario xeral técnico da extinta Consellería do Medio Rural, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Non admitir o recurso de reposición número RA/CON/2014/00018 interposto por Luis Alfredo Yáñez Martínez, contra a Resolución do secretario xeral técnico da extinta Consellería do Medio Rural, do 15.7.2011, pola que se lle impón unha sanción de dous mil setecentos catro euros con cincuenta e oito céntimos (2.704,58 €) como responsable da comisión dunha infracción administrativa moi grave, tipificada no artigo 13.1.b) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e outra grave tipificada no artigo 13.2.d) da mesma lei (número expediente ANP-CO-0006//2011-V).

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, caberá recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O importe da multa deberá facerse efectivo en calquera das entidades financeiras que figuran no modelo de pagamento que se xunta por triplicado a esta resolución, nos períodos que nel se sinalan».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas